Accesibilidade
En cumprimento dos principios de accesibilidade e deseño universal establecidos no Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte traballa para garantir que todos os cidadáns -con especial atención ás persoas con algún tipo de discapacidade e maiores- que se relacionen co Departamento a través dos seus portais, poidan acceder á información e ós servizos electrónicos en igualdade de condicións, independentemente das súas circunstancias persoais, medios ou coñecementos.
Esta web foi desenvolvida seguindo as pautas de accesibilidade definidas polo grupo de traballo permanente Web Accessibility Initiative (WAI) do Consorcio para a World Wide Web (W3C) para o seu nivel AA. Actualmente este nivel AA cúmprese na gran maioría das páxinas, aínda que traballamos para continuar mellorándoo.
En todo caso, calquera suxestión sobre a accesibilidade deste sitio web pode presentarse a través do formulario de suxestións.