Os dereitos de autor pertencen ao autor da obra polo mero feito da súa creación:

  • Os dereitos de contido moral son irrenunciables e inalienables.
  • Os de contido económico, ou dereitos de explotación, poden ser cedidos a terceiros como ocorre cos traballos publicados nos que o autor cede parte ou a totalidade dos seus dereitos de explotación á editorial.

En Redined os autores autoarquivan os seus propios documentos dixitais. Pódense expor dúas situacións:

1. O/A autor/a deposita unha obra non publicada

O autor indica as condicións de protección que outorga á súa obra podendo elixir entre as dúas opcións que ofrece o formulario de autoarquivo:

  • Manter o texto que aparece por defecto "Cuando no se especifique otra condición, los documentos incorporados a Redined a texto completo, se hallan bajo las condiciones de uso de solo lectura y únicamente podrán ser citados con reconocimiento de autor(es). Para cualquier otro uso, deberá solicitarse el permiso del autor".
  • Asignar ao traballo unha licenza Creative Commons

2. O autor deposita unha obra xa publicada

Cando o que se quere depositar é un traballo xa publicado, antes de proceder ao autoarquivo, hai que coñecer as condicións en que o/a autor/a cedeu os dereitos aos editores.

Basicamente as políticas de copyright das editoriais en relación co arquivo en acceso aberto poden clasificarse en dous grupos:

  • Non permiten aos autores difundir en acceso aberto as súas publicacións por ningún medio (páxina web departamental, repositorio institucional, etc.). Neste caso, se o autor quere incluír o seu traballo en Redined, será necesario negociar coa editorial para obter o permiso (que sempre deberá ser por escrito).
  • Permiten algún tipo de difusión en aberto. Os autores poden difundir as súas obras en acceso aberto, pero cunhas condicións que fan referencia ao momento en que se poden colgar, onde se poden colgar e que se pode colgar.